METODOS DE ANÁLISE

Como unha pequena píldora inicial, preséntase aquí unha breve reseña das 5 escolas de análise que se empregarán durante os obradoiros:

A ESCOLA ITALIANA

A experiencia italiana de “ANALISE MORFOTIPOLOXICA” cos estudos realizados por Saverio Muratori dende os anos 30 e materializados na sua obra “Studi per una operante storia urbana de Venezia” (1959).

A Escola Muratoriana Italiana (tipologia edilizia) desarróllase a partir das investigacións lideradas no Instituto de Arquitectura de Venecia por partir das que se expandirán en múltiples direccións as investigacións e traballos de Vittorio Gregotti, Carlo Aymonino (1963) sobre a relación dialéctica e non casual entre forma urbana e tipoloxía edificatoria, Aldo Rossi (A arquitectura da cidade.1966) e os traballos desarrollados no I SIAC (Galicia 1975) e as investigacións e traballos de Giancarlo Cataldi (Per una scienza del Territorio (1977), Lezioni di Architettura (1981) Caniggia, Maffei, María Grazia Corsini, ou na Península os traballos de Alfonso del Pozo y Barajas (Analisis Urbano. Textos. 1997, Arrabales de Sevilla. Morfogénesis y transformacion, 1996.

“Saverio Muratori e a escola de tipologia projetual” Giancarlo Cataldi, Gian Luigi Maffei e Paolo Vaccaro.

A ESCOLA ANGLOSAXONA

Cos antecedentes das investigacións de MRG Conzen propicia unha aproximación histórico xeográfica que desenvolve conceptos como Finge Belt.

A Escola Inglesa tamén enlazada cos traballos de ingleses e estadounidenses, sobre o Townscape, a paisaxe urbana e o movemento que incorporaron a visión resultante do desprazamento peonil ou en vehículo, elaborando imaxes secuenciais nas que a variacion do campo visual do espectador vólvese determinante, nunha sociedade na que a velocidade vai invadindo a cotidianeidade ata o punto de influir decisivamente na disposición e visualización do espazo público e das prácticas sociais que nel se xeran.

TOWNSCAPE. O plano da cidade: sistemas de RUAS, PARCELAS e EDIFICACION nas que son relevantes as investigacións sobre a cuestión do límite (fringe belt), o ciclo da parcela burguesa (burgage cicle), e o concepto de rexión morfolóxica
Investigador fundamental é o xeógrafo M. Conzen que no seu texto sobre Alnwick establece unha metodoloxía de análise a partir do plano 2D (Rúas, Parcelas, Edificación) e en 3D (volume, elevación) engadindo por último os usos do solo.

A ESCOLA FRANCESA

De longa tradición xeográfica, histórica e sociolóxica (Lavedan, Marcel Poëte, Henri Pirenne,etc) e que se revitaliza co filtro estructuralista na década dos sesenta cos traballos de Henry lefevbre (O dereito á cidade. 1966, A revolución Urbana, 1969) e Francois Choay (Utopias e realidades, 1965) que dende o marxismo abren a cidade e o planeamento urbano ao debate do 68.

A cidade como escenario por excelencia da acumulación do capital, e o Planeamento como disciplina “científica” que deseña os instrumentos técnicos, de ordenación, de xestión e de disciplina, non neutrais nin inocentes, que serán utilizados polos grupos hexemónicos para impor un modelo de “cidade” e para o control do seu desenvolvemento urbano durante o ultimo cuarto do século XIX e XX.

A través desta mirada, o plan concreta o desenvolvemento das diferentes estratexias posibles, na loita polo espazo entre as diferentes clases sociais, ao tempo que se constitúe como eficiente instrumento de acumulación de capital coa apropiación privada da “renta urbana” e das plusvalías derivadas ben do propio Plan ou ben dos efectos económicos derivados das inversións públicas en infraestruturas, equipamentos e servizos.

Henry Panerai con Jean Castex e Depaule publican os textos “Elementos de Análisis urbano (1975), “De la manzana al bloque” (1977) o Proyectar la ciudad (1999), Parcelas, illas, edificios-tipos, ​tecidos urbanos. “Elementos de análisis urbano” Ph. Panerai, J-C. Depaule, M. Demorgón, M. Veyrenche (1983) IEAL, Madrid.

A ESCOLA CATALANA

A Escola de Barcelona, Catalunya: “As formas de crecemento urban” … abre o campo ao “urbanismo urbano”, ao proxecto urbano e a identificacion das operacións de Parcelación (P), Urbanización (U), Edificación (E) e as suas combinatorias como fases do proceso de creación das formas urbanas prototípicas dos diferentes tecidos da cidade europea (Ensanches (P,U,E), Polígonos (PU, E) Asentamentos marxinais (PUE).

O texto clave producido no Laboratorio de Urbanismo da ETSAB, baixo a dirección de M. Solá-Morales que impulsa a difusión no Estado de textos. Os traballos de Font Arellano, Busquets, Eizaguirre, Parcerisa,… alcanzaron un alto nivel de difusión universitaria e profesional colocando o proxecto urbano e a escala intermedia como referencias académicas imprescindibles nas universidades a nivel mundial. Unhas investigacións que servirán de sólida cimentación teórica para prácticas urbanísticas exemplares (Barceloneta, Centro Histórico de BCN, CH Toledo, etc…).

A Urbanística como disciplina ten adoptado un punto de vista e aporta un instrumental operativo moi elaborado que adquire un protagonismo fundamental para enfrontarse ao proxecto tanto académico-universitario como profesional.

O SPACE SYNTAX

O Space Syntax trátase dun enfofoque xeográfico que abarca un conxunto de toería e técnicas para a análise das configuracións espaciais. Baséase no feito de que nun entorno urban tódolos espazos están interconectados e polo tanto cada parte deber comprendida per se e como parte do todo.

Orixinariamente concebida por Bill Hillier, Julienne Hanson e outros investigadores da University College of London a finais da década dos 70, comezou a ser empregada a principios dos 80 do pásado século XX como unha ferramenta de apoio para os arquitectos, afondando no entendemento dos efectos sociais dos deseños (a traveso do emprego de simulacións).

Esta aproximación representa unha importante ferramenta de análise da morfoloxía urbana, perseguindo a predicción do comportamento espacial humano nos entornos urbanos. Recentemente está moi presente na actividade planificadora, debido á aparición dos sistemas SIX, cos cales se complementan e dos que se enriquece enormemente a cantidade e calidade dos datos a computar.

Hillier B. y Hanson J. (1984), The Social Logic of Space, Cambridge University Press: Cambridge. Hillier B. (1999), Space is the Machine: A Configurational Theory of Architecture, Cambridge University Press.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s